Blogia

terragalega

Odio

Odio a volta do inverno. Odio mollarme para chegar á casa. Odio entrar na facultade de noite e sair de noite. Odio a miña especialidade. Odio ós meus profesores (excepto a unha). Odio ir a clase de inglés. Odio terme metido en francés. Odio ter frío. Odio pasar fame pagando 3,70€ pola comida. Odio ter que entenderme con todo o mundo. Odio facerme ilusións de que vai ser unha boa tarde para logo estar na casa morrendo de asco (e de frío)e pensando no que teño que facer. Odio ter frío. Odio ter fame. Odio non poder ducharme porque xa o fixen esta mañá. Odio.....
A ver se me convenzo a min mesma dunha vez das bases do budismo zen e supero o odio cara a miña vida...

Vacío

Non teño nin idea de como comezar a escribir nin tampouco do que vou poñer aqui. Sintome bastante perdida ultimamente, é a verdade non son de esa clase de persoas que poden vivir tan tranqilamente sin ter unha meta cara á que camiñar.
Estou en plena crise existencial, na que non sei que quero ser de maior e malamente sei que quero ser ou facer agora. Convenzome a min mesma de que a pesar diso teño que esforzarme en se-la mellor, se non perderei oportunidades, pero non o dou logrado. Cóstame moito manterme alerta. Nin unha semana dou neste estado.
Ademais sintome soa. Teño ó neno, iso sempre, pero ... odio ir a clase. Perdín a capacidade de aislarme socialmente, e dóeme estar alí. Sintome ignorada. Sinto que si puideran me pegarían patadas ata verme tirada no chan.
Fora non mellora moito. O grupo reduciuse ó minimo e todo o que queda fóra é odio e envexa.
O ser humano non aguanta situacións de tensión durante moito tempo.
Todo el mundo parece vacío
nadie por quien despertar
has olvidado los sueños
que juraste cumplir
todo lo que tú me enseñaste ya no sigue aquí
dónde están las canciones que solías escribir
cuando aún te importaba alguien?
Dónde están ahora tus amigos?
los que nunca te iban a fallar
y duele entenderlo
cuesta creer
que sus palabras se las lleva el viento
en nadie ya no puedes confiar

Que asco

Hai xente que por máis que o intentes, e o volvas a intentar ségueche dando un certo... nonseique que só podes calificar como asco. Acabo de ver o blog de dúas persoas, concretamente dunha parella vamos, e dios... Agora entendo os comentarios do neno, iso non é amor, é enfermidade pura e dura. Supoño que é o que ten esa idade... Que lle podía ver? Eu recoñezo que é guapa, pero... Aissss non che sei...
Eu estou por riba de todo iso, verdade? Supoño que son os anos, que che fan ver as cousas doutra forma... eu non me poría a escribir aqi a tamaño 18 e en vermello que hoxe fago 11 meses co neno (aínda que é certo, hoxe é día 20).
Pero non, non son así... Teño preocupacións na vida, non son interdependente (aínda que teño que recoñecer que paso moito tempo con él, pero é o que teñen as vacacións e o poder conta-las amigas polos dedos dunha man)
Por favor! Que algunha persoa amable, boa, benevolente, me responda e me diga que estou por riba de todo iso! (en agradecemento esinareille os blogs que me deron asquiño...)

Malvada

Malvada

É certo. Síntome malvada, pero que moi malvada. Onte utilicei as miñas... "influencias" para entrar nun concerto e metín dentro a quen me saiu das narices. Sei que me odian, seino de sobra, xa me tiñan asco antes, así que agora máis. Pero, sinceramente, dame exactamente igual. Era capaz de facerlles o corte de mangas mentres entraba no concerto. Pero bueno, educación teño de sobra. Moita máis que elas, que queres que che diga... Ademais había menores diante e unha persoa que sí que aprecio.
O que é a vida. Fai un ano isto nin se me pasaría pola cabeza. Hoxe en día sei que estou moi máis soa, pero a lo menos polo de agora, tamén sei que estou mellor acompañada. Vaia unha panda de estúpidas.
"Quieres herirme con besos de hielo,
quieres hundirme y no sabes cómo
pero el destino me sonríe como al mejor
si yo caigo, amigo, caemos los dos
(...)
Algún día te arrepentirás
tú sin mí no serás feliz jamás
(...)"

De cando todo o mundo se detén

Hai momentos, neste caso hai tardes, en que todo se detén e deixa paso ós sentimentos. Non importa quén es, non importa qué fas, só importa qué sintes... Hoxe xa non hai dúbidas, hoxe acabouse, por fin estou ben. :D. É certo, xa sei qué sinto, creo que dende fai un tempo estaba xa aclarándose todo, pero hoxe é o día do comezo. Do comezo de todo, quero dicir, porque decidín que me gusta a miña vida tal como está, que quero seguir así, que nada do que perdín merecía a pena e que todo o que gañei é o que de verdade importa.

Durmir contigo

E sentir que o mundo queda quedo por momentos. Sentir toda a vida no teu respirar, despacio, moi despacio. Toda a vida nas túas mans mentres non fas nada. Todo o universo nos ollos dunha persoa, cando están pechados. E segues respirando, moi despacio. Ilumínachese a faciana, non estás aquí, pero eu sí. E véxote, con calma, sen presa, todo o mundo está quedo, todo está en ti. Móveste, búscasme, o mellor xesto de amor nun acto inconsciente. Precisas de min, aínda que non esteas aquí. Quéresme. Eu a ti.

Para B

Escucha la ciudad, y siente su respiración,
afuera una verdad te espera junto a la estación...

No pienses que me iré, no pienses que te dejaré
en cualquier parte, vencida, sin saber que hacer,

Yo allí estaré, allí estaré, para darte confianza,
allí estaré, allí estaré, para gritar si te hace falta...

Escucha la ciudad, y siente su respiración, afuera la verdad de un nuevo día nace hoy...

Y nace una ilusión, y nacen cosas que te harán brillar,
y si algún día tu voz se pierde, y no la puede encontrar,
no pienses que me iré, no pienses que te dejaré;
viviendo encontrarás la ayuda que te hará vencer, y yo...

Yo allí estaré, allí estaré, para darte confianza,
allí estaré, allí estarñe, para gritar si te hace falta...

Una vida presa en una cárcel de miradas,
y si te faltan fuerzas, o si la vida te rechaza, yo...

Allí estaré

Para a miña B, que... non sei, necesitaba decirlle que estou aqui, e que para mín é unha amiga de verdade, incluso máis amiga que moitas das que din selo. Non sei porqué se me deu hoxe por pensar nisto, pero aquí ves o resultado...

Desta vai

Día de eleicións! por fin! A verdade é que teño moitas ilusións postas neste 19 de Xuño (aínda que teño que dicir que aínda non fun votar...)porque creo que por fin é o momento do cambio, que desta vai. Normalmente non falo moito de política neste blog, pero se creei un apartado para ela, por algo será, non?
Pois aproveitarei para facer unha especie de manifesto de porque non quero que Fraga volva ser presidente:
1. Non quero un presidente rosmón, machista, faltón, vello... E moito menos que se asocie a Galiza con el. Non me parece un reflexo da realidade.
2. Non quero un presidente ex-franquista e que está en Galiza por estar, sen terlle ningún amor á terra.
3. Non quero un presidente que está tan mal de saúde que se desmalla no pleno na xunta
4. Non quero un presidente que pense que os cataláns son uns busca follóns e nós o modelo a seguir.
5. Non quero un presidente que non saiba falar galego
6. Non quero un presidente ó que non lle importe a pesca, a agriculutura, os emprendedores...
7. Non quero un presidente que faga tan tan pouco que teña que vir a oposición a mover algo (Estatuto)
E a verdade, creo que nisto se pode resumir o basico. Sempre hai moitas moitas razóns, pero estas son para min unhas das principais.
Hai que botalos

How stresing!

Ai dios, o primeiro día estudando en serio e xa estou loqueando. Mi ma! E que de verdade que non me dan as horas... Non sei, ou mañá rindo moito máis (e iso que eu creo que hoxe estaba rendindo bastante ben, pero é que intento facer demasiado) ou non sei... Ó mellor debería replantexarme o plan do que teño que facer... E aínda menos mal que é o primeiro día, non quero nin imaxinar como estarei a finais de semana, porque non tiña intención de saír nin quedar co neno... Tiña intención de baixar á piscina, de feito fareino xa mañá, pero é que teño que perder todo o que me puxen enriba este último mes.
Hoxe estou escribindo en plan diario total. É o que ten estar na casa, que isto xa non é so para reflexionar, senón tamén para falar! falar, falar, falar, mira que me gusta. Dentro duns días estarei toleando, cada vez estou máis convencida...
En fin... teño que irme a seguir estudando... A ver se me despido e marcho...

Esvaécese

hoxe foi un día horrible. O medo estame a cubrir coa súa sombra. Parece que case un ano xa é demasiado tempo e xa é hora de non estar ben de todo.Ó fin e ó cabo din que o enamoramento dura físicamente un máximo de 2 anos. O meu xa debe estar a rematar, bueno, o meu non, o do meu neno. El di que non, pero a min pareceme que xa non é o mesmo. E doe. Non me mira igual, non me fala igual, e só se porta como eu quero cando me enfado. Iso non é bo para unha relación, verdade? Supoño que tódalas relación se desgastan, máis unha tan persoal como é a dunha parella. Tes que querer moito moito moito á outra persoa para aguantar tódolos roces que poden sair cando a coñeces tanto. Eu creo que coas miñas mellores amigas é moi difícil que tivera unha relación de parella (xa non só porque non me atraian)porque é certo que das o mellor de ti, pero tamén o peor.

Sen nada que contar

Apetecíame escribir, porque xa fai moito que non me paso por estes lares, pero hoxe é un deses días nos que realmente non tes nada que contar. Supoño que chega un momento en que o deber absoverte de tal maneira que non tes moi claro onde acaba e onde empeza simplemente o ser.
O meu ser está algo difuso ultimamente. Estou desexando que remate o curso, pero o certo é que non teño moi claro para qué. Sei que preciso un descanso de todo, pero non sei que descanso quero ter nin en qué medida me aliviará. E se preciso un descanso de TODO? Non o sei... a verdade é que non o creo, supoño que só necesito pasar un par de días facendo o que me gusta e non o que teño que facer... incluso poida que estea esquecendo o que me gusta facer. Ese sí que é un grave problema...

Play life

Fai pouco escribín nalgures a frase coa que comezo e hoxe repítoa aquí porque creo que é unha filosofía de vida básica. Onte meu irmán estívome preguntando que para qué servía a vida, se ó final todos íamos morrer... E eu repito o comezo, a vida serve para xogar. Ben é certo que a vida é moi curta, pero nós vivímola coma se fose durar eternamente e aí está realmente o encanto. Só pensando en que non se vai acabar poderemos poñer en marcha boas estratexias no xogo (o cal me recorda que só pensando que non podemos gañar arriscaremos nun programa de goberno ;)).
O caso é que temos que ir aprendendo a estratexizar o xogo, pero sobor de todo a non preocuparnos tanto por aquilo que non merece a pena, porque... ¡é un xogo! Pódese rir, pódese chorar, berrrar, pasa-lo ben ou mal, pero nunca debe un preocuparse, porque unha nova acción fará que as cousas volvan ó seu sitio.

Lembranzas...

Lembro telo pasado mal. E tamén moi mal. Son dous momentos moi diferentes da miña vida e os motivos parécense. Hoxe en día sei moito máis do que sabía entón. E o que é máis importante: teño a alguén ó meu lado que non me vai deixar caer.
Lembro "escogiste a la más guapa y a la menos buena"... lembro a rabia, a dor, a traición, o non saber porqué nin qué ía pasar nese momento. Lembro a soidade, o odio, a escuridade, o nin sequera ser consciente da miña enfermidade.
Lembro a ilusión devolta polo sol e a ilusión devolta polo "eu sí que me sinto orgulloso de ti". Ás veces o mellor da vida está diante dos teus ollos, simplemente esperando a que saibas miralo.

Eu..

Eu..

"Puede ser que la vida te guíe hasta el sol, puede ser que el mar domine tus olas o que toda tu risa le gane ese pulso al dolor. Puede ser que lo malo sea hoy"

Doéme a alma...

Qué difícil que a un lle doia a alma, verdade? pero o certo é que a min estame a doer moito ultimamente. Xa sei que son unha privilexiada, que non teño faltas materiais... pero iso non quita a dor, polo menos non esta.
Síntome no centro dunha reunión de xente na que todos me volven a espalda. Esta tarde propúñame a min mesma responder á pregunta dun profesor, a de por que escribimos e dixenme que eu escribia para dicir aquilo que ninguén quere escoitarme. Con isto non quero dicir que sexan cousas que a ninguén lle goste escoitar, senon que son cousas que a xente non quixo escoitar, porque estaba ocupada, porque non estiven con eles... o que sexa. É un pequeno desafogo. E acabo de confirmar que a teoría é cerca, porque acabo de ter unha grande necesidade de comezar a teclear coma unha tola.
Non vou a explicar agora o que pasou, porque... é algo que pasan tódalas rapazas con mozo nun momento ou noutro, pero o caso é que me doeu moito. Non acostumo ter unha primeira reacción ante as cousas moi mala, asi que polo de agora estou bastante queda... Só me plantexo... é incrible a natureza humana... como dicía esa máxima grega... ups, non lembro exactamente as verbas, viña dicindo que antes de fixarte nas alforxas do de diante tes que fixarte nas túas propias.

Os galegos non están para asociarse...

Hai días en que che dan ganas de meterlle un bolígrafo nun ollo a alguén... a verdade é que posto así parece moi agresivo, e eu aseguro que non o son para nada... pero o certo é que esta mañá case o fago...
Os vascos din que os galegos non estamos feitos para traballar en grupo, e eu que o fago a miúdo doulles a razón.
Porque claro... ti levántaste pola mañá e xa che costa, porque home... xa estamos a mércores e tal e a cama comeza a reclamarche as horas que pasas sen ela... pero bueno, facendo un esforzo incrible levantaste, vences a tentación e decides seguir adiante. O seguinte problema é arranxarte, porque como se non chegara coa chamada da cama, que aínda queda aí no inconsciente miraste o espello e pensas... ¡aaaa! non pensas, asustaste sen mais, porque mi ma! que pintas! parece que durante a noite veñen os ananiños eses que fan as cousas mentras durmes e o que fan e xogar contigo! como se explica senon que despois de durmir te levantes co corpo cheo de marcas o pelo de punta (ou no seu defecto aplastado) etc? iso tivo que ser alguén máis!
Pero o caso é que acabas tamén por vencer a tentación de non sair a rúa só para que non te vexan (despois de moitas pelexas con esa masa incerta que se sitúa na túa cabeza chamada pelo e esa ... amm... digamos... faciana) e vas a facultade, como non, e esforzaste en aprender e incluso en poñer boa cara.
O que ocorre, e que como dicía o principio non estamos feitos para traballar en grupo e sempre hai quen aparece máis tarde e decide que vas a ser o seu saco de boxeo psicolóxico do día a lo menos durante 5 minutos... 5 minutos nada máis, pero sobre todo que nese instante ti poidas pensar que esa persoa está moito peor do que ti podes estar en todo o día.
No fondo supoño que hai que agradecerllo... porque ata che fai sentir que ti estás estupendamente estupenda e que a batalla da mañá non existiu dado que non estás a berrar con ninguén...

Vivir en Galiza

A cuestión supoño que para os non-galegos é bastante difícil de entender... somos uns persoaxes extraños... desconfiados, traballadores e moi irónicos... pero ¿quen ía vivir en Galiza?, ¿quen ía continuar ano tras ano nesta terra na que goberna un ex "ministro" franquista? Pois... eu son unha desas persoas que viven nesta máxica terra verde (e descoñecida).
Ata fai pouco non me plantexaba qué tiña de especial vivir en Galiza... ben é certo que ata o propio Javier Veiga di que se podería facer un Parque Xurásico cun certo presidente de algunha autonomía como protagonista... pero supoño que aínda confío en que caia polo seu propio peso.
O que ocorre é que para min xa se produciu o colmo da irrealidade, xustamente a semana pasada, porque... ¿como podemos vivir nun país no que é a oposición a que propón un novo estatuto de autonomía? ¿que pasa, que Fraga estaba demasiado ocupado preparando os anuncios en prensa de "o Plan Galiza está paralizado"?... Son cousas que non acabo de entender...