Blogia
terragalega

Persoas

Esvaécese

hoxe foi un día horrible. O medo estame a cubrir coa súa sombra. Parece que case un ano xa é demasiado tempo e xa é hora de non estar ben de todo.Ó fin e ó cabo din que o enamoramento dura físicamente un máximo de 2 anos. O meu xa debe estar a rematar, bueno, o meu non, o do meu neno. El di que non, pero a min pareceme que xa non é o mesmo. E doe. Non me mira igual, non me fala igual, e só se porta como eu quero cando me enfado. Iso non é bo para unha relación, verdade? Supoño que tódalas relación se desgastan, máis unha tan persoal como é a dunha parella. Tes que querer moito moito moito á outra persoa para aguantar tódolos roces que poden sair cando a coñeces tanto. Eu creo que coas miñas mellores amigas é moi difícil que tivera unha relación de parella (xa non só porque non me atraian)porque é certo que das o mellor de ti, pero tamén o peor.

Doéme a alma...

Qué difícil que a un lle doia a alma, verdade? pero o certo é que a min estame a doer moito ultimamente. Xa sei que son unha privilexiada, que non teño faltas materiais... pero iso non quita a dor, polo menos non esta.
Síntome no centro dunha reunión de xente na que todos me volven a espalda. Esta tarde propúñame a min mesma responder á pregunta dun profesor, a de por que escribimos e dixenme que eu escribia para dicir aquilo que ninguén quere escoitarme. Con isto non quero dicir que sexan cousas que a ninguén lle goste escoitar, senon que son cousas que a xente non quixo escoitar, porque estaba ocupada, porque non estiven con eles... o que sexa. É un pequeno desafogo. E acabo de confirmar que a teoría é cerca, porque acabo de ter unha grande necesidade de comezar a teclear coma unha tola.
Non vou a explicar agora o que pasou, porque... é algo que pasan tódalas rapazas con mozo nun momento ou noutro, pero o caso é que me doeu moito. Non acostumo ter unha primeira reacción ante as cousas moi mala, asi que polo de agora estou bastante queda... Só me plantexo... é incrible a natureza humana... como dicía esa máxima grega... ups, non lembro exactamente as verbas, viña dicindo que antes de fixarte nas alforxas do de diante tes que fixarte nas túas propias.