Durmir contigo
E sentir que o mundo queda quedo por momentos. Sentir toda a vida no teu respirar, despacio, moi despacio. Toda a vida nas túas mans mentres non fas nada. Todo o universo nos ollos dunha persoa, cando están pechados. E segues respirando, moi despacio. Ilumínachese a faciana, non estás aquí, pero eu sí. E véxote, con calma, sen presa, todo o mundo está quedo, todo está en ti. Móveste, búscasme, o mellor xesto de amor nun acto inconsciente. Precisas de min, aínda que non esteas aquí. Quéresme. Eu a ti.
0 comentarios